24 de set. de 2013

Refráns sobre a oliveira e a oliva

-Oliveira, unha por San Xoán e cen en Nadal
-Auga e lúa tempo de oliva
-Ano xeadeiro, ano aceiteiro
-Oliva "comía", carabuña á rúa
- Augas por San Xoán, quitan viño, aceite e pan
- Aceite e viño, bálsamo divino
- Aceite e romeu frito, bálsamo bendito
- Aceite e oliva ás veces, moita outras ningunha
- Aceite abundante bo ano por diante
- Aceite de oliva, todo mal quita
- Ao que aceite de oliva feito, tírolle proveito
- Cada moucho á súa oliva
- Casa do pai, viña do avó e oliveiral do bisavó
- Con aceite de candil, mil males curar vin
-  Cando en inverno hai verán, nin viño, nin aceite, nin palla, nin gran
-  O oliveiral e o poldro que os críe outro
-  O que colle olivas antes de xaneiro, deixa o aceite no madeiro.
-  O rancio é bo no viño, pero malo no aceite e no touciño
-  O remedio da tía Mariquita: con aceite todo o quita.
-  O viño quenta, o aceite alimenta.
-  Flor da oliveira en abril, aceite para o candil.
-  Flor de oliveira por San Xoán aceite para entallar.
-  Flor da oliveira en maio, aceite para o ano
- Facendado con oliveiras, un ano en veludo e seis en coiros vivos
- A mellor cociñeira, a aceiteira
- A verdade como o aceite, queda sempre por enriba
-  Oliveira, bruta que a forza de paus dá o seu froito
-  Para ser extra virxe, da oliveira á prensa e da prensa á despensa
-  Por Santa Catalina todo o aceite ten a oliva
-  Quen ás propias oliveiras varea, ao seu propio caudal malla
- San Silvestre entalla o aceite
- Se algunha vez me esqueceses, pínchame aínda que non me ares.
-  Se por San Xoán e San Pedro no teu oliveiral olivas atopas, unha aquí e outra alá, boa colleita haberá
- Se queres chegar a vello, garda aceite no pelello
- Sen terras e oliveirais que sería das cidades
-  Viña a que plantares e oliveiral o que herdares

Ningún comentario:

Publicar un comentario