20 de feb. de 2017

Campionas Galegas de Natación Sincronizada


Os clubs de Pontevedra levaron a palma da man no Campionato Galego de Natación Sincronizada que se celebrou na piscina olímpica de Pontemuiños ao conseguir un total das 21 medallas. O gran protagonista foi Galaico que sumou un total de catorce, das cales oito foron de ouro, catro de prata e dúas de bronce. Nalgunha das rutinas, fixeron dobrete, ouro e prata, como en figuras infantil, dúo alevin e só infantil, mentres que o ouro e o bronce acaparárono no só alevin. Os clubs que lle seguiron na clasificación en número de medallas foron o Club Sincro Ourense, que sumou 10 (3 ouros, 4 pratas e 3 bronces); Club Sincro Pontevedra, que logrou 7 (1 ouro, 5 pratas e 1 bronce); Club Náutico de Vigo, con 5 medallas (1 prata e 4 bronces); e o Club Sincro Ferrol, que conseguiu tres medallas de bronce.  Nesta imaxe vemos a Lucía L. S. de 6ºD.  Parabéns mozas!!  Un grolo por estas campionas!!!  Ver reportaxe na TVG

Ningún comentario:

Publicar un comentario