29 de dec. de 2016

Visita do Teucro





O Teucro veunos a visitar para animarnos a xogar con eles nas categorías inferiores.

21 de dec. de 2016

Aves en Perigo de Extinción na Galiza

  Aguia Real, Pita do Monte, Corvo Mariño Cristado, Mazarico Real, Arao dos Cons, Píllara Papuda, Sisón, Perdiz Charrela, Alcaraván, Avefría, Cerceta, Agachadiza Común, Choia Biquivermella, Pomba Brava.  Se queres saber algo máis destas aves clica na imaxe para ver o traballo de  Adrián L. I. 5ºD

16 de dec. de 2016

Catro medallistas en Campolongo - Deporte Escolar: Campo a Través 2016





Un día deportivo completo, e con un  sol de primavera, para o alumnado de  3º e 4º. Participamos no Campo a Través 2016 na Illa das Esculturas de Pontevedra, dentro  do Plan Xogade da Xunta.  Pasámolo en grande,  e aínda por riba trouxemos 4 medallas: dúas de ouro para os de 3º  ( Benxamín),  unha na categoría  masculina e outra na feminina (Daniel e Sara. de 3ºA e 3º B). E logo outras dúas, unha de prata en Benxamín   masculino (Mario de 3ºB)  e unha de bronce en Alevín masculino (Aldán de 4ºD). - Ver Resultados  -  Ver máis fotos  

Resultados do Cross Escolar

Resultados de Benxamín Masculino (Terceiro)

Resultados Benxamín Feminino (Terceiro)

Resultados de Alevín Masculino (Cuarto)

Resultados de Alevín Feminino (Cuarto)

Ver os Resultados de todas as categorías que participaron

Ver Fotos

O Carballo


O desxeo dos polos

Traballo  feito por José A. T. R. de 6ºA.

2 de dec. de 2016

1ª Saída do Proxecto Ríos






Esta foi a 1ª saída do noso Proxecto Ríos. Comezamos descubrindo os nomes das árbores que temos no cole. Cada alumno/a tivo que aprender o nome dunda delas. Se tiña folla collía unha para logo secar e ver se nos queda ben para facer o noso "1º Herbario  das follas das árbores do cole". Ó ser  decembro, o freixo e o magnolio xa non tiñan folla, por ser árbores de folla caduca. O liquidambar  estaba lucindo as súas cores de outono, axiña lle caerán todas, ata que volvan a brotar na primavera. Como curiosidade especial poidemos ver por 1ª vez o froito da "Aucuba" ou tamén chamado "Loureiro manchado", cos seus froitos vermellos.  Xa temos 18 árbores localizadas. Aínda quedan unhas poucas.
Ver plano de situación das árbores  - Xoga para coñecer mellor as árbores

Ver máis fotos

"O Carballo" Traballo de Uxía L. P. (4ºC)


Traballo de Daniel R. G. (5ºB)