08/01/2013

Galicia


Poema escollido polo noso centro para presentar no proxecto "Poemas do Mundo" no 60 aniversario das Escolas Asociadas Unesco.  
Nós traballarémolo en E. Física nos contidos de Expresión Corporal.

Para a linguaxe de signos fixemos unha versión reducida .Debaixo  temos unha imaxe co poema traducido ó inglés, e logo o texto do poema enteiro.
Numeración dos signos: Galicia: 917, - docemente: 374, - mirando: 1327, - vales: 397, - montañas:92, terras:1438, - traballar:502, - mar:91, - vento:99 - pero:673, -vai:1291, - sentimento:284, -nós:5, - xente:45, - fala:756, -buscas:1405, -ti:2, - encontrala:1274

 

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!" 

Manuel María (1972) Os soños na gaiola.

Ver máis poemas  de Yogote

Ningún comentario:

Publicar un comentario